Arca do Barbanza

Sabuceda, Cures, Boiro.

Enterramento tumulario que contén unha cámara dolménica que, polas súas dimensións, é o monumento megalítico máis grande do Barbanza.

Das sete grandes pedras de granito coas que está feita a cámara quedan seis. Sobre elas colocouse unha gran lousa para cubrir a cámara que, actualmente, está descolocada. A súa localización é pouco frecuente xa que, en lugar de encontrarse nunha zona elevada que se divise dende lonxe, encóntrase na parte baixa dun val profundo.

Esta arca forma parte da Ruta das Mámoas, un sendeiro sinalizado que percorre as Chans do Barbanza. O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza rutas guiadas por este percorrido no verán.

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Megalitismo and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: