Calvario de San Roque

San Roque, Cespón, Boiro.

Representa o final dun viacrucis que se iniciaba en Abanqueiro. Consta de tres cruces.

A central é circular, leñosa e con nós, coas figuras de Cristo crucificado e no reverso a Virxe en actitude orante.

As cruces laterais son máis sinxelas.

O conxunto aséntase sobre unha bancada de pedra labrada.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Cruceiros and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: