Capela da Virxe da Guadalupe

Rianxo.

O santuario de Guadalupe foi construído en 1671 pola familia Bastón. Consagrouse baixo a advocación da Virxe de Guadalupe. A imaxe en cartón da Virxe de Guadalupe chegou a Rianxo de mans do seu autor (un xerónimo rianxeiro do Mosteiro de Guadalupe, Cáceres) á capela da Floresta, pero axiña foi trasladada ao santuario de Guadalupe. A Virxe de Guadalupe, coñecida tamén como a “Virxe moreniña”, é protagonista da popular canción “A Rianxeira” e que dá lugar as maiores festas do concello.

A Virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira, descalciña pola area parece unha rianxeira. (bis)

Ondiñas veñen, ondiñas veñen ondiñas veñen e van non te vaias rianxeira que te vas a marear (bis)

A Virxe de Guadalupe cando veu para Rianxo, a barquiña que a trouxo era de pau de laranxo (bis)

A Virxe de Guadalupe quen a fixo moreniña foi un raíño de sol que entrou pola ventaniña (bis)

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura relixiosa and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: