Casa de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao

Rúa de Abaixo, Rianxo.

É unha casa tipo entre medianeiras, é dicir, situada entre muros medianeiros con acceso interior ás plantas superiores. Caracterízase pola estreiteza da fachada, na que destacan o balcón e a galería. A súa altura varía en función das necesidades da familia.

Castelao naceu en 1886 e morreu exiliado en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950. Os seus restos repatriados descansan no Panteón de Galegos Ilustres no Mosteiro de San Domingo de Bonaval en Santiago de Compostela.

Foi un importante político, escritor, caricaturista, debuxante, ensaísta, pintor, autor teatral e etnógrafo.

Fillo de pescador, emigrou dos 9 aos 14 anos á Arxentina. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e con 24 anos volve para instalarse en Rianxo. Foi membro da Real Academia Galega e deputado galeguista nas Cortes da II República.

O interior da casa non se pode visitar.

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Uncategorized and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: