Casa de Manuel Antonio

Rúa de Abaixo, Rianxo.

A casa natal do poeta Manuel Antonio, o “poeta do mar”, é unha edificación urbana típica das vilas mariñeiras do século XIX e principios do XX.

Manuel Antonio naceu en Rianxo en 1900 e morreu en 1930 en Asados (Rianxo). Cursou o bacharelato en Santiago de Compostela e nas súas estancias en Rianxo relacionouse con Rafael Dieste, co cal compartiu o interese pola literatura. A partir de 1921 comezou unha intensa actividade literaria, que desgraciadamente se ve truncada pola tuberculose en plena xuventude.

Hoxe a casa natal alberga o museo dedicado ao escritor.

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura civil and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: