Casa de Rafael Dieste

Rúa de Abaixo, Rianxo.

Un escudo e unha placa renden homenaxe á súa figura na súa casa natal.

O escritor Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves, coñecido como Rafael Dieste, foi un importante dramaturgo, poeta, narrador, ensaísta, crítico literario e de arte, xornalista e editor. Naceu en Rianxo en 1899 e morreu en Santiago de Compostela en 1981.

Foi integrante da Xeración do 27 na literatura española e da do 25 e 22 na galega. Cos seus contos e pezas de teatro intentou modernizar o sistema literario galego apartándoo do ruralismo.

O interior da casa non se pode visitar.

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura civil and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: