Casota do Páramo

A Graña, Cures, Boiro.

Conserva a cámara e o corredor. Na cámara, á que se accedía por un corredor feito con pedras de menor tamaño e que estaba orientado cara ao sueste, depositábanse os corpos dos defuntos co seu enxoval e ofrendas.

Na cámara apréciase un gravado dunha figura antropomorfa e un soliforme, que se pensa que foi realizado nunha época posterior.

Preto, localízanse as mámoas do Armadoiro.

Este dolmen forma parte da Ruta das Mámoas, un sendeiro sinalizado que percorre as Chans do Barbanza. O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza rutas guiadas por este percorrido no verán.

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Megalitismo and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: