Castelo da Lúa

O Pazo, Taragoña, Rianxo.

A documentación escrita indica que foi erixido, probablemente no século XIII, por Paio Gómez Chariño; derrubado polos Irmandiños ao redor de 1465 e levantado de novo por Suero Gómez de Soutomaior, bisneto do anterior. As noticias conservadas sinalan o 1480 como o ano en que é novamente derrubada polo gobernador real Fernando Acuña.

Os traballos arqueolóxicos desenvolvidos no verán de 2001, dirixidos por A. Bonilla Rodríguez, certifican unha construción de planta rectangular cunha muralla exterior, hoxe desaparecida, reforzada ao sur por un foso, e unha segunda muralla que delimitaba o recinto interno, presidido por unha torre central complementada por dous baluartes laterais e unha zona posterior dedicada ás dependencias comúns e servizos do castelo.

Na actualidade pódense ver os restos do xacemento escavado.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura civil and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: