Cruceiro da Praciña

A Praciña, Rianxo.

Sobre plataforma cuadrangular de cinco graos, pedestal cúbico e capitel cilíndrico. A cruz ten á Inmaculada no reverso sobre peaña dun anxo con ás, as mans xuntas e a lúa aos seus pés.

O Cristo crucificado ten as mans abertas e coroa de espiños.

Este cruceiro localízase no núcleo máis antigo de Rianxo, nunha praza na que sobresaen as coñecidas como “casas do remo”. Esta edificación debe o seu nome a que a lonxitude desta se corresponde co largo dun remo, e desta forma pódese aproveitar ao máximo o espazo de construción ao carón do mar.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Cruceiros and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: