Cruceiro de Laxido

O Laxido, Rianxo.

Probablemente do século XVII.

Aséntase sobre unha plataforma octogonal de catro graos e pedestal tamén octogonal de pouca altura que contén símbolos da paixón: tibias, abellas e caveiras.

O fuste é octogonal con pedestal cuadrangular e recadrado, e contén a media altura unha imaxe de santo André.

O capitel é cúbico con cabeza de anxo con ás.

A cruz é de sección cuadrangular e brazos de mediacana rematados en flores, e aséntase sobre un pedestal cúbico.

O Cristo ten as mans pechadas, coroa de espiños e cartela de INRI.

O reverso da cruz presenta escena da Piedade, coa Virxe co Cristo en brazos.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Cruceiros and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: