Cruceiro de Marcos

Palmeira, Riveira.

Responde a un modelo de cruceiro de cruz latina, de brazos rectos, leñoso con nós; no anverso represéntase o Cristo crucificado e no reverso a Virxe.

A cruz descansa sobre un capitel decorado con volutas e querubíns. O fuste do cruceiro é circular, leñoso e con nós –ao igual que a cruz-, e representa na parte inferior dúas imaxes: unha figura orante, axeonllada e, sobre esta, a imaxe de Santiago Apóstolo.

A característica máis singular deste cruceiro é a súa plataforma, cuadrangular cun pequeno xardín dentro, que rodea o pedestal octogonal rematado en chafráns e con tibias en X.

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Cruceiros and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: