Cruceiro de Moldes

Lesón, A Pobra do Caramiñal.

Situado na subida ao monte da Curota, na serra da Barbanza, este cruceiro responde ao modelo de “capeliña” ou de Loreto. Ten anexo un peto de ánimas no fornelo (capela) que substitúe o capitel que contén a imaxe da Virxe.

No seu fuste hai gravadas varias cruces pequenas que, xeralmente, testemuñan a presenza de enterramentos baixo a protección do cruceiro.

Ao redor deste cruceiro celébrase unha romaría en maio.

O cruceiro de Moldes está vinculado á lenda de Valverde, segundo a cal a Virxe fuxiu da tormenta de area que sepultaría este lugar onde hoxe está a duna do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Por iso, no cruceiro, as imaxes da Virxe e o Neno permanecen de costas ao litoral por non ver a desgraza que caía sobre Valverde.

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura relixiosa and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: