Dolmen de Axeitos

Axeitos, Oleiros, Riveira.

Declarado Ben de Interese Cultural (BIC). É tamén coñecido co nome de Pedra do Mouro.

Trátase dun monumento funerario colectivo de grandes dimensións, pertencente á época megalítica –século III a.C.-.

Componse dun sepulcro con corredor formado por unha estrutura de sete ortostatos ou esteos de diferentes dimensións cubertos por unha gran lousa in situ e outras dúas, máis pequenas, pertencentes ao corredor de entrada á cámara.

Ademais o dolmen caracterízase polo seu simbolismo asociado ás pinturas e gravados con motivos xeométricos e antropomórficos –algúns aínda visibles nunha das laxes- así como pola aparición no seu contorno de ídolos, pequenas esculturas feitas con cantos rodados.

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Megalitismo and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: