Estela de Taragoña ou Pedra de Rufino

[Fotografía de Elixio Vieites: patrimoniogalego.org]

Taragoña, Rianxo.

Estela atopada pola familia Fungueiriño en 2007 na adega da súa casa en Taragoña. Dada a coñecer polos arqueólogos Xurxo Ayán e Pedro López Barja. Actualmente está no Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón, Boiro).

A estela está feita con granito de dúas micas de moi boa calidade, consérvase practicamente enteira. O tramo conservado mide 56 cm de ancho por 156 cm de altura e por un máximo de 26 cm de grosor, posiblemente o remate fose de forma semicircular.

Pódense distinguir tres campos separados por molduras. O superior está decorado cunha roda radiada e dous discos cun punto no centro. O central presenta unha lúa coas puntas cara arriba, catro discos cun punto no centro e tres arcos. O inferior ten un texto gravado na pedra que di:

D (is) M (anibus) . Pos(uit)
Ursus Ingenu o suo . Ru
fino . Pin (ta?)
ni (fillo?) [Aos Deuses Manes. Puxo Urso, para o seu ( amigo?) Rufino (fillo?) de Pin (ta?)no, de nacemento libre].

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Romanización and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: