Faro da illa de Sálvora

Illa de Sálvora, Aguiño, Riveira.

Está situado na parte saínte, ao sur da illa de Sálvora (Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas) nun lugar coñecido como punta Besugueiros.

Ten unha torre octogonal de 12 metros de altura, integrada nun edificio con forma de U. Foi inaugurado en 1921, despois de nove anos de obras.

O faro orixinal, de 1852, era de cuarta orde e luz branca alternada con escintileos vermellos a intervalos de dous minutos, visible a dez millas de distancia. Foi suprimido tras un acordo de 1904 para facer o novo faro nun punto máis elevado que puidese iluminar en dirección a Corrubedo.

Na actualidade o faro aliméntase de enerxía solar.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura civil and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: