Faro de Corrubedo

Corrubedo, Riveira.

Construído en 1853 polo arquitecto Celedonio Uribe. Estaba considerado un dos máis importantes da zona polo perigo do cabo e os numerosos baixos que o rodean. Trátase dun edificio con fachada semicircular cara ao mar e rectangular cara á terra.

A torre arranca do interior do inmoble cunha sección troncocónica. Salvando a altura do interior, hai unha escaleira de caracol, fabricada na fundición de Sargadelos –antes de que esta se convertese en fábrica de cerámica.

En 1856 comezou a funcionar como guía para as embarcacións. Primeiro empregábase aceite para a iluminación, máis tarde petróleo e, tan só desde hai uns 35 anos, corrente eléctrica.

Coa chegada da electricidade o faro deshabitouse, ao igual que moitos outros ao longo da costa.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura civil and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: