Hórreo do Araño

O Araño, Rianxo.

Ten 37 m de lonxitude, 2,40 m de ancho, case 2,70 de altura e unha capacidade total de 170 m3. A base está formada polo celeiro de cachotería con rachas, e leva apegadas as escaleiras de acceso. O tornarratos é corrido, prolongación do chan da cámara, de cantaría. A cámara péchase con perpiaños horizontais en ringleira e non se marcan as columnas. Leva sopena baixo o beiril, e as sobrepenas rematan en cruces flanqueadas por pináculos de bólas.

Forma parte do conxunto no que se encontra a igrexa parroquial e a casa reitoral.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura popular and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: