Igrexa de San Cristovo de Abanqueiro

Abanqueiro, Boiro.

De principios do século XIII, mostra unha mestura de elementos románicos e góticos.

Os arcos apuntados da cabeceira achéganse ao gótico mentres que as semicolumnas que os sosteñen, os modillóns do exterior e a portada son románicos.

A nave foi ampliada no ano 1708.

No atrio da igrexa atópanse restos dun antigo baldaquino.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura relixiosa and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: