Igrexa de San Pedro de Palmeira

Palmeira, Riveira.

Esta igrexa data do ano 1757, como se pode apreciar nun gravado na parte alta dunha columna.

Leváronse a cabo varias reformas de ampliación, e en 1907 otorgóuselle a fachada, de estilo neoclásico, que posúe na actualidade e que é obra do arquitecto Antonio Patiño. Construída de forma simétrica, consta de dúas pilastras altas a cada lado que sosteñen un moldurado e, sobre el, un frontón triangular cun reloxo circular no tímpano.

A porta principal remata nun arco de medio punto e, sobre ela, unha liña de imposta horizontal divide a fachada en dúas partes. Na parte superior, vese un vidro semicircular e, enriba, un arco.

A ambos os lados da porta, dúas cruces de mármore dan testemuño das Santas Misións dos anos 1950 e 1958.

A torre do campanario é de planta cadrada, con catro machóns no corpo inferior, unidos por arcos de medio punto. No corpo superior observamos unha pequena cúpula, rematada nunha cruz. Ambos os corpos están separados por unha cornixa con pináculos nos extremos.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura relixiosa and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: