Igrexa de Santa Baia de Boiro

Boiro.

Exemplo de arte barroca rural. Localizada a carón do Camiño Real, o templo coñeceu no século XVIII as obras de ampliación de maior envergadura.

As súas orixes barrocas maniféstanse en motivos estilísticos, entre os que salienta o campanario inspirado na Torre do Reloxo da catedral compostelá.

Non obstante, a parte máis antiga do templo é a sancristía, que foi a Capela Maior do anterior templo, construído a comezos do século XVII.

A igrexa está enriquecida coa obra escultórica de mestres como Miguel de Romay e de artesáns e artistas locais.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura relixiosa and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: