Igrexa de Santa Comba

Rianxo.

É a igrexa parroquial de Rianxo e foi construída a finais do século XV fusionando na súa estrutura cunha impresionante harmonía elementos do gótico, do plateresco e do barroco.

A maior parte do templo correspóndese co gótico, a excepción da fachada (plateresca, da primeira metade do século XVI) e as capelas laterais, a torre e o retablo do altar maior, que son claramente barrocos (atribuíbles ao primeiro cuarto do século XVIII).

A fachada principal presenta unha portada netamente plateresca, na que sobresae un fermoso rosetón sobre a porta principal, que contribúe a iluminar o interior do templo. Na mesma fachada encóntrase un relevo de Cristo que mostra as súas chagas, acompañado de anxos con trompetas.

Máis información

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura relixiosa and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: