Igrexa de Santa María A Antiga do Caramiñal

[Fotografía: Turgalicia]

A Pobra do Caramiñal.

En 1560, Gómez Pérez das Mariñas e Xunqueiras tomou a decisión de construír un templo de nova planta no Caramiñal . A ábsida é obra do século XVI, pero a construción da nave prolongouse ata o século XVIII. O templo consta dunha nave central, capela maior rectangular e sancristía. No século XX engadíuselle unha nave lateral.

Dúas pilastras que se alzan sobre pedestais sosteñen un taboado e un frontón triangular. No frontón hai unha imaxe da Virxe e as efixies dos apóstolos Pedro e Paulo. Por riba ábrese un pequeno rosetón con celosía, e un escudo heráldico.

O templo conserva unha boa colección de retablos dos séculos XVIII e XIX.

Máis información:

Turgalicia > Igrexa de Santa María A Antiga do Caramiñal

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura relixiosa and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: