Igrexa de Santa María do Xobre

Xobre. A Pobra do Caramiñal.

En 1545 o mosteiro de San Martiño Pinario cedía o dereito de presentación desta igrexa a favor de Gómez Pérez das Mariñas e Xunqueiras, a cambio de que a reedificase e reparase para poder restablecer o culto nela. O edificio actual é o terceiro que se levanta sobre o mesmo soar. Remátase en 1723. Consta dunha nave principal de bastante capacidade, capela maior rectangular e sancristía.

A fachada, barroca, ten porta con molduras sobre a que monta un frontón triangular sobrealzado que exhibe as armas da Casa de Xunqueiras, os seus patróns. A cada lado, unha fornela coas imaxes da Nosa Señora da Candelaria, titular da parroquia, e san Xosé.

No interior, destacan un barroco do século XVIII, mais reformado a finais do XIX, e un conxunto moderno que representa a Virxe do Carme rescatando dous mariñeiros náufragos en medio da tempestade.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura relixiosa and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: