Igrexa de Santiago do Deán

A Pobra do Caramiñal.

Situada no casco urbano da vila, as súas orixes remóntanse aos séculos XIV e XV. A igrexa destaca pola riqueza arquitectónica característica do estilo gótico mariñeiro. Nel conviven elementos góticos, platerescos, renacentistas, barrocos e neoclásicos. Consta dunha ampla nave única e capela poligonal na cabeceira, á que se lle engadiu a sancristía, e sete capelas laterais que son de épocas e estilos diferentes, posteriores á construción da nave central.

A nave está dividida en cinco tramos por arcos lixeiramente apuntados que soportan a cuberta, e estes descansan sobre grosas semicolumnas encaixadas nos muros. Nos seus capiteis destacan curiosas representacións do bestiario medieval.

A ábsida, do século XIV, é a parte máis antiga do templo. Cóbrese cunha fermosa bóveda de abanico reforzada polos estilizados nervios que se apoian en columnas.

No grande arco de entrada hai relevos cos símbolos dos evanxelistas (no arranque) e Cristo Maxestade (na clave).

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura relixiosa and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: