Muíños de Ponte Goiáns

Ponte Goiáns, Boiro.

É un conxunto de tres muíños. Dous deles, o “Muíño de Abaixo ou Do Agro” e o “Muíño de Arriba, de Xaime ou de Casais” restauráronse co fin de dar a coñecer este tipo de construcións e os costumes que xiran ao redor delas. O terceiro funciona como bar. Están localizados no río Coroño, moi preto do seu esteiro, e contan cun merendeiro.

O primeiro é o máis próximo ao esteiro do río Coroño, posiblemente do século XVIII ou anterior. Presenta catro cruciformes.

O segundo é da mesma época e aparece rexistrado no catastro de 1753. Presenta nove cruciformes.

O programa Paséate con nós permite unha visita á exposición e explica o funcionamento dos muíños.

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura popular and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: