Pazo-Torre de Goiáns

Goiáns, Lampón, Boiro.

O edificio é de propiedade municipal e está en proceso de reconstrución. Actualmente non é posible realizar unha visita ao recinto.

Sitúase na desembocadura do río Coroño.

Das liñaxes dos moradores do pazo, representadas nos seus escudos, destaca a imaxe da serea da illa de Sálvora dos Mariño. Conta a lenda que a familia naceu do encontro entre un pescador e unha serea.

A finca está formada polo pazo-torre, a capela, o hórreo, o pombal, a casa dos caseiros, os lagares, o embarcadoiro e as pesqueiras. A área ten un gran potencial ambiental, ademais dun bosque autóctono con piñeiros, carballos, castiñeiros e sobreiras, con especies centenarias de grande interese.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura civil and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: