Petróglifo da Pedra das Cabras

Figueirido, Palmeira, Riveira.

Data de entre a Idade do Cobre e a do Bronce.

Sobre unha rocha hemicilíndrica están representadas dúas imaxes zoomórficas, de grandes dimensións: dous cérvidos –macho e femia-, con corpos voluminosos e extremidades realizadas con tres trazos moi esquematizados.

Deseñaron animais estilizados quizais para propiciar a súa fertilidade ou como parte de rituais funerarios ou relixiosos. Os seus autores poden considerarse artistas, posto que as súas obras foron pensadas e situadas para seren vistas por outros.

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Petróglifos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: