Petróglifos dos Campos

[Fotografía: Fotos de Rianxo]

Leiro, Rianxo.

No conxunto chamado Os Campos VII hai un gran cervo macho, de 56 cm de longo, representado cunha gran cornamenta, preto hai representados cuadrúpedos e motivos circulares e coviñas. Noutras rochas graváronse figuras de equinos ou cérvidos loitando entre si e unha posible escena de caza.

Tamén hai un grupo de gravados non prehistóricos, feitos probablemente polos canteiros que traballaban na zona, nos que se pode ler, entre outras inscricións, o topónimo “Rianjo”, o que fai pensar que poida ser unha marca de delimitación da parroquia.

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Petróglifos and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: