Torre de Bermúdez

A Pobra do Caramiñal.

Edificio de estilo renacentista do século XVI, declarado Monumento Histórico-Artístico de Interese Nacional en 1976. Rehabilitouse para albergar o Museo Valle-Inclán. Foi a residencia de varios fidalgos, e os seus derradeiros moradores foron da familia Valle-Inclán.

A parte antiga da construción divídese en dous corpos principais; un de menor tamaño, que conta con dúas portas, unha alintelada e outra, de arco de medio punto, sobre a repisa da escaleira. Acaroada a este corpo atópase a torre propiamente dita, con tres alturas e unha soa porta de arco de medio punto, con pilastras e frontón, que dá acceso ao actual museo.

Arredor das ventás, descentradas unhas con respecto ás outras nos distintos corpos, atópase a escasa carga decorativa con motivos vexetais, frontóns, pilastras ou medallóns con bustos humanos e heráldicas.

Máis información:

Advertisements

Posted on Setembro 27, 2012, in Arquitectura civil and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: