Author Archives: axendaculturalan

Celebrouse a xincana de Percorrendo Arousa Norte en Rianxo

This slideshow requires JavaScript.

Rianxo acolleu a xincana de Percorrendo Arousa Norte que se celebrou na praza de Castelao, na rúa de Abaixo e na praza de Rafael Dieste. As actividades da xincana, nas que participaron 80 alumnos e alumnas do IES Félix Muriel, xiraron arredor da posta en valor dos elementos patrimoniais da Mancomunidade de Arousa Norte e nomeadamente daqueles situados nas inmediacións do seu lugar de desenvolvemento. Os elementos arquitectónicos que estiveron no foco de interese foron o cruceiro da praza Rafael Dieste, a igrexa de Santa Comba e as casas de Rafael Dieste, Castelao e Manuel Antonio, esta última actualmente convertida en museo.

 A xincanca buscaba poñer a proba os coñecementos dos estudantes do IES Félix Muriel e estimular as súas capacidades para traballar en grupo e pescudar información sobre distintos recursos para resolver certos retos.

 Nas probas interviñeron catro grupos de 20 persoas en cada un, que viviron intensamente a experiencia e se implicaron moi activamente na dinámica do xogo educativo que tras resolver diferentes probas concluía coa modelaxe en barro dun dos elementos arquitectónicos que foron centro de interese da xincana.

 Como premio o grupo vencedor recibiu un diploma acreditativo e máis un cetro de gañadores. Igualmente, por participar todos os rapaces e rapazas foron obsequiados co libro A guía do austostopista galáctico. A lectura do libro da inicio á segunda parte do programa Percorrendo a Arousa Norte no que se poderán traballar coas actividades incluídas neste blog.

A xincana nos medios de comunicación

%d bloggers like this: