Category Archives: Megalitismo

Menhir de Bretal

[Fotografía de Elixio Vieites: patrimoniogalego.net]

Bretal, Olveira, Riveira.

Tamén chamado Pedrafita de Cristal porque se atopou no lugar chamado así.

Este menhir –único na comarca- é de forma triangular, remate arredondado e os lados asimétricos, acada unha altura de 2,5 m e un diámetro de 40 cm. Presenta decoración de bandas e cazoleta. Aínda que a finalidade non está clara, probablemente serviu como marco; é dicir, como fito que sinalaba o lindeiro do espazo habitado por unha comunidade na estrema das terras cultivadas.

Na actualidade atópase fóra da súa localización orixinaria, nunha propiedade particular pechada, relativamente preto do dolmen de Axeitos.

Máis información:

%d bloggers like this: