Actividades

Arousa Norte é unha zona que comprende o territorio da comarca do Barbanza (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira) que ten un grande atractivo turístico. Nestas terras é onde se desenvolven as nosas aventuras.

Actividade 1

A zona de Arousa Norte desaparece de repente. Con todo, tedes a oportunidade de facer unha entrada sobre a zona na Guía do autostopista galáctico. Xuntade todos os datos que consideredes importantes do blog, engadide aqueloutros fundamentais para vós e construíde a entrada que vai figurar na Guía.

Actividade 2

Imaxinade que todo o que tedes de arredor se perde. Ademais de todos os elementos persoais que para vós son fundamentais, que elementos do patrimonio de Arousa Norte credes que é fundamental salvagardar para poder situalos noutro punto da galaxia?

Actividade 3

En Arousa Norte existe unha boa cantidade de festas nas que se celebran costumes galegos senlleiros, moitas delas relacionadas coa gastronomía e outras moitas coa veneración de figuras relixiosas. Pensa en todas as que coñeces e describe como son e como as celebrarías se tiveses que exportalas a outro lugar, conservando todos os elementos fundamentais para ser consideradas da zona.

Actividade 4

Arthur e Ford, os protagonistas do libro, viaxan pola galaxia coñecendo mundos diferentes. Imaxinade que sodes vos quen viaxa, pero queredes levar toda Arousa Norte con vós. Como imaxinades unha galaxia na que exista un lugar como Arousa Norte? Debuxade e distribuíde nela aqueles elementos patrimoniais que salvaches para levares canda ti.

Actividade 5

A lingua é o elemento identitario e un medio de comunicación que nos permite transmitir como estamos, que sentimos, etc. Elabora unha descrición do galego para explicar polo mundo adiante como é a lingua que falamos.

Actividade 6

Son moitas as pegadas de distintos períodos históricos en Arousa Norte, escollede a época que máis vos chame a atención e elaborade un collage no que fagades un percorrido polas obras que permaneceron ao longo do tempo así como unha descrición destas, pensando en que calquera poida entender a súa importancia, independentemente do lugar do que proceda.

Actividade 7

O mar ten un papel moi relevante na cultura mariñeira de Arousa Norte, xa que son moitos os lugares para coñecer, as actividades que realizar, etc. Organizade unha ruta nunha embarcación pola costa parando naqueles lugares que toda persoa que non viva en Arousa Norte debería coñecer.

Actividade 8

A xente que vos rodea e que viviu unha parte ou toda a súa vida na zona coñece de seguro unha chea de lendas e contos, moitos dos cales non están recollidos en ningures. Xuntade todo ese coñecemento para conformar a Guía das lendas do autostopista de Arousa Norte e deste xeito conservalas e poder levalas polo universo adiante.

Envía as resolucións ás actividades ao correo e. correo@arousa-norte.es.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: