Percorrendo Arousa Norte

Que é?

Este programa é un proxecto de dinamización da lingua galega para a mocidade promovido pola Mancomunidade de Municipios ría de Arousa zona norte a través dunha actividade lúdica e do achegamento ao patrimonio da zona optando por un soporte diferente: as novas tecnoloxías. Para achegarnos de forma lúdica empregaremos unha obra de humor que trata esta cuestión: a Guía do autostopista galáctico de Douglas Adams.

No libro preséntase a historia de Arthur Dent, que leva unha vida sinxela e tranquila nunha aldeíña. No entanto, o universo prepara un plan faraónico para acabar coa súa tranquilidade: un día, á mañanciña, e xa antes de almorzar, atópase rodeado por unha recua de monstros mecánicos amarelos que pretenden explanar a súa casa para que pase por ela unha autoestrada, que non vai levar por diante o seu fogar, senón tamén o resto do planeta.

Que pasaría se en Arousa Norte nos enfrontásemos a esa situación? Que fariamos con todo o noso patrimonio? Como tentariamos salvalo?

Deste xeito iniciamos a nosa proposta, que grazas a esta actividade permite achegarse á lingua galega dunha forma diferente e lúdica, a través de varios formatos (probas de campo, lectura e actividades virtuais) ao tempo que fomentamos o coñecemento do patrimonio da zona e incrementamos a presenza da lingua galega en Internet.

Para o desenvolvemento da proposta buscaremos o apoio tanto dos docentes dos centros educativos como do persoal das bibliotecas e dos animadores socioculturais. A información que contén este blog forma parte dun proxecto dirixido a escolares de secundaria e, en ningún momento, pretende ser un medio de promoción turística.

O proxecto Percorrendo Arousa Norte está financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: