Guía do autostopista galáctico

Humor doutra galaxia

Un xoves á hora de comer a vida de Arthur Dent e a da poboación enteira dese soporífero planeta chamado Terra a mudar de xeito inexorable e repentino. Só Arthur e o seu particular amigo Ford foxen a tempo da demolición do planeta e inician unha estraña aventura no espazo na compaña de suxestivas personaxes e obxectos futuristas: un androide paranoide, un insólito presidente da Galaxia, unha nave cun motor de probabilidade infinita, un sorprendente libro que recolle todo o saber intergaláctico e que advirte na súa cuberta QUE NON CUNDA O PÁNICO!, un peixe babel causante dos máis catastróficos equívocos espaciais ou unha indispensable toalla.

Ciencia ficción caústica e aliñada co enxeño máis punzante. A sátira vertida en cristais reflectores das condutas cotiás, ás que lles atopamos unha insospeitada reviravolta. Lixeireza, provocación e fino e intelixente sentido do humor inglés.

A Guía do autostopista galáctico saíu á luz por primeira vez en forma de novela radiofónica. Tras o rotundo éxito da radionovela, o autor converteuna en libro, e máis adiante participou nas adaptacións desta a series televisivas e teatrais, un xogo de computador, bandas deseñadas e toallas de baño.

O autor

Douglas Adams (Cambridge, 1952 — Santa Bárbara, 2001). Escritor e guionista radiofónico. En 1959 ingresou na Brentwood-School en Essex, onde comezou a interesarse polas ciencias naturais. Máis tarde estudou filoloxía inglesa en Cambridge, onde se integrou no grupo de teatro cómico CULES. Adams participou noutro grupo cómico, os Footlights, que deu orixe aos Monty Python. Adams foi ademais guionista da serie Dr. Who.

Máis información

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: