Créditos e agradecemento

Para a elaboración da información textual deste blogue tomáronse como fonte primaria contidos da web da Mancomunidade de Municipios ría de Arousa zona norte e nos apartados de bens culturais das páxinas corporativas dos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Riveira. Para enriquecer e complementar a información recorreuse á información sobre o patrimonio artístico, arquitectónico, arqueolóxico e cultural  achegada por Turgalicia e Patrimonio Galego.  A todos eles queremos facerlle expreso o noso agradecemento.

A información sobre a Guía do autostopista galáctico foi achegada por 2.0 Editora.

As escolla das fontes informativas primou repertorios de información de carácter divulgativo e accesibles na Rede consonte á natureza da comunidade de referencia deste blogue: escolares de ensino secundario.

As fotografías foron achegadas polo arquivo da Mancomunidade de Municipios de Arousa zona norte, cando é outra a súa procedencia inclúese a referencia para o recoñecemento de autoría á web de orixe.

%d bloggers like this: